O Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para a veciñanza

AMariñaXa
A primeira excursión de ‘Viaxa co Concello de Trabada’, para veciños e veciñas a partir de 50 anos, será ás termas de Outariz
Imaxe de Allariz
15 Out 2024

O Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para posibilitar que os veciños e veciñas poidan coñecer
Galicia en saídas conxuntas e que están organizadas polo propio Concello. A primeira excursión de ‘Viaxa co Concello de Trabada’, para veciñanza a partir de 50 anos, será ás termas de Outariz e Allariz o próximo sábado 23 de novembro. Cun prezo de 30 euros, inclúe o desprazamento en autobús, entrada ás termas de Outariz, comida en Allariz e entrada ao museo de coiro.

“O que queremos é ampliar a oferta de actividades e lecer para a veciñañnza, neste caso con saídas organizadas polo concello e a prezos moi asequibles para coñecer Galicia de forma conxunta e pasar unha boa xornada”, asegura o alcalde, Rubén García. O número de prazas para a primeira saída é limitado e o prazo de inscrición remata o 15 de novembro nas oficinas municipais. “Durante o ano haberá saídas e viaxes de diferente tipo e para todas as idades
que iremos dando a coñecer”, engade o alcalde de Trabada.

viaxa co concello de trabada
0.18470597267151