O Concello de Trabada organiza unha proxección especial para conmemorar o Día Internacional da Muller

AMariñaXa
O filme 'Oro Blanco' será proxectado na Casa da Cultura, un acto para reflexionar sobre os dereitos das mulleres e os retos que aínda quedan por superar
1-Trabada-8M--2022
5 Mar 2025

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do seu programa "Cine na Rúa". A película seleccionada para esta ocasión é 'Oro Blanco', que será proxectada o vindeiro 7 de marzo ás 21:00 horas na Casa da Cultura.

A obra, que aborda a loita dunha muller nun entorno hostil dominado polo medo, resalta os valores de resiliencia, coraxe e determinación. A elección deste filme non é casualidade, xa que se adapta á perfección ao espírito do 8 de marzo, unha data para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda debemos superar na loita pola igualdade de xénero.

Desde o Concello de Trabada, convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que non só busca ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén fomentar un espazo de reflexión e debate sobre o papel fundamental das mulleres na sociedade.

Animamos a todas as persoas a achegarse á Casa da Cultura para compartir esta xornada e seguir traballando xuntas e xuntos por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

⚙ Configurar cookies
0.079214811325073