O Concello de Trabada instalará tres puntos de recarga de vehículos eléctricos

AMariñaXa
O Concello de Trabada informa aos seus veciños da próxima instalación de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio
coche vehiculo electrico
13 Xan 2022

O Concello de Trabada informa aos seus veciños da próxima instalación de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio, grazas á obtención dunhas novas axudas convocadas pola Xunta de Galicia con fondos do Goberno.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, decidiu solicitar esta subvención “xa que é moi necesario no rural avanzar no relativo á mobilidade eléctrica, e para elo é preciso dotar o municipio de puntos de recarga de vehículos eléctricos, máis se cabe tendo en conta que en Trabada non hai ningunha gasolineira”.

Os puntos de recarga estarán emplazados nas inmediacións da área de autocaravanas de Ría de Abres, nas inmediacións do Centro Etnográfico Xosé Rocha e no almacén municipal, situado no edificio do Centro de Saúde e da Casa da Cultura.

Esta convocatoria de axudas era tamén en concorrencia competitiva. Neste caso, o prazo de solicitude abríase un luns ás 09.00 horas da mañá a través da aplicación do Inega e foi de novo a alcaldesa de Trabada a encargada de tramitala persoalmente.

A concesión destas axudas está supeditada ao financiamento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do plan MOVES III.

O Concello de Trabada presentou en concreto tres solicitudes, cun orzamento de 12.713,83 euros, o que supón un investimento de 38.141,49 euros, dos cales a Xunta de Galicia financia cos fondos que lle transfire o Goberno 30.513,18 euros e o concello asume con cargo aos fondos propios 7.628,31 euros.

0.090153932571411