O Concello de Trabada inicia a construción dun centro social na parroquia da Ría de Abres

AMariñaXa
A ciudadanía disporá dun espazo axeitado para o desenvolvemento de actividades sociais, culturais e asociativas
trabada-ria-de-abres
9 Jul 2025

O Concello de Trabada deu comezo esta semana ás obras para levantar un novo centro social na parroquia da Ría de Abres, respondendo así a unha demanda histórica da veciñanza, xa que ata agora era a única parroquia do municipio sen un espazo propio destinado a reunións, encontros e actividades comunitarias.

Este proxecto supón un investimento de máis de 196.000 euros, dos cales a Deputación de Lugo aporta 190.000 euros, mentres que o Concello achega máis de 6.000 euros con fondos propios.

O alcalde, Rubén García, destacou a importancia da iniciativa: “Este é un proxecto que levamos anos desexando executar e que por fin este 2025 será unha realidade. Queremos agradecer á Deputación de Lugo o seu apoio para facer posible esta obra tan importante para a parroquia da Ría de Abres”.

Con este novo centro social, a veciñanza disporá dun espazo axeitado para o desenvolvemento de actividades sociais, culturais e asociativas, o que contribuirá a fortalecer a cohesión comunitaria e a dinamizar a vida local.

Desde o Concello de Trabada consideran esta actuación “un paso máis na aposta por dotar todas as parroquias de infraestruturas dignas e funcionais, garantindo o acceso aos mesmos servizos e oportunidades en todo o territorio municipal”.

⚙ Configurar cookies
0.16966509819031