O Concello de Trabada homenaxea a Tomasa Reimondo polo seu 100 aniversario

AMariñaXa
O alcalde e a concelleira visitaron á veciña de Orrea para celebrar con ela este momento especial
100-anos-Tomasa-Reimondo-Trabada
21 Feb 2025

O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira Rosa Prieto visitaron esta mañá a Tomasa Reimondo González, veciña de Orrea, na parroquia de Trabada, para celebrar xuntos o seu 100 aniversario.

Durante o emotivo encontro, o rexedor trasladoulle o agarimo de todo o municipio, destacando a importancia de celebrar a vida e a experiencia das persoas maiores: “É unha honra para o Concello de Trabada compartir este momento tan especial con Tomasa. O seu século de vida é testemuño da nosa historia e do noso sentir comunitario. En nome de toda a veciñanza, desexámoslle moitísima felicidade e saúde”, sinalou Rubén García.

Como mostra de recoñecemento, a concelleira e o alcalde fixeron entrega a Tomasa dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores.

Desde o Concello de Trabada destacan o compromiso de seguir a render homenaxe ás persoas maiores, verdadeiros alicerces da identidade e da memoria colectiva do municipio.

0.1614511013031