O Concello de Trabada dará axudas aos hostaleiros de ata 3.500 euros

AMariñaXa
O Concello de Trabada impulsará un paquete de axudas económicas destinadas aos servicios de restauración da vila.
terrazas hostalaria covid
25 Mar 2021

“O Concello de Trabada impulsará un paquete de axudas económicas destinadas aos servicios de restauración da vila, que complementarán as medidas que xa puxo en marcha o Concello de Trabada durante o ano pasado, para o pago aluguer, co fin de contrarrestar o impacto económico da covid-19 no Concello”. Así o avanzou a rexedora Mayra García, quen remarcou “habilitaremos un crédito extraordinario, dentro das contas municipais, incluídas no orzamento do 2021 para contribuír a dinamizar o noso tecido económico”.

“Dende o Concello somos conscientes da situación que están atravesando os nosos autónomos, o pequeno comercio, e por suposto o servicio de restauración de Trabada, un gremio moi prexudicado pola crise sanitaria debido aos peches dos establecementos e as restricións horarias. Por iso queremos anunciar que o Concello establecerá axudas ata un máximo de 3.500 euros para que podan recuperarse desta situación tan excepcional”. Esta contía económica equivale á cota de autónomos anual, a través dela, poderanse subvencionar os gastos derivados desta cota, os seguros de responsabilidade civil, así como diversos subministros correntes (como o teléfono, luz, auga, combustible…)”, sinalou  a rexedora.

Desde o Equipo de Goberno de Trabada creemos que é imprescindible poñer en marcha iniciativas e propostas que contribúan a paliar a situación actual, coa pandemia da covid, pero sempre dentro da capacidade económica que nos permite o Concello, que nada ten que ver ca de outras administracións, que ademáis son competentes na materia . “Por iso en abril, habilitaremos o crédito coa finalidade de xestionar unha convocatoria de axudas dirixida ao sector hosteleiro co obxectivo principal de mitigar efectos negativos que están sufrindo estas empresas, asegurando a continuidade e viabilidade económica da súa actividade tras a crise da COVID-19”.

0.22265481948853