O Concello de Trabada conta xa coa Escola de Música Moderna

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Comezou a andadura da Escola de Música Moderna de Trabada.
13 Mar 2020

Comezou a andadura da Escola de Música Moderna de Trabada. Dende o Goberno municipal decidiron poñer en marcha este proxecto educativo co fin de proporcionar á veciñanza unha formación musical de calidade á vez de enriquecer a cultura e o espírito do pobo.

Este proxecto baséase na premisa de que non existe unha idade establecida para aprender, polo cal a oferta educativa está aberta a calquera persoa indeferentemente da súa idade.

As especialidades instrumentais ás que se pode optar, entre outras, son: piano, batería, guitarra, baixo eléctrico, saxofón, clarinete, gaita, acordeón e percusión tradicional, ademáis da materia de música e movemento para os nenos e nenas entre catro e oito anos.

No mes pasado mantiveron unha reunión informativa coa veciñanza e a día de hoxe contan con corenta e cinco inscritos, polo que valoran de forma moi positiva a boa acollida que está a ter este proxecto entre a veciñanza do Concello e doutros limítrofes que se inscribiron.

0.21571779251099