O Concello de Trabada celebrará o Día Internacional da Muller
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 Feb 2020
O vindeiro 1 de marzo o Concello de Trabada celebrará o Día Internacional da Muller con dúas actividades realmente especiais.
Ás 12.00 na Casa da Cultura será a presentación do libro Senlleiras da escritora Antía Yañez, outra voz feminina, xoven e da comarca na literatura galega; e ás 14.00 haberá un xantar de mulleres.
É necesario apuntarse anotarse chamando ao número de teléfono do Concello 982 135 011.