O Concello de Trabada acolle unha obra de teatro o vindeiro sábado
AMariñaXa
O Concello de Trabada acolle de novo ao teatro o vindeiro sábado día 5 de febreiro. Este espectáculo estará a a cargo do grupo de teatro Adala
2 Feb 2022
O Concello de Trabada acolle de novo ao teatro o vindeiro sábado día 5 de febreiro. Este espectáculo estará a a cargo do grupo de teatro Adala e representarán a obra Vivan os noivos.
Poderase desfrutar dela no salón de actos do Concello e a entrada e libre aínda que sempre mantendo a normativa vixente sanitaria.
O grupo Adala é de Fazouro, Foz, está consitituída dende o ano 2000 e durante a súa traxectoria ten representado máis dunha ducia de obras.