O Concello de Ribadeo saca a licitación as obras do núcleo de Marelle

LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo sacou a licitación polo procedemento aberto simplificado as obras de ensanche e reforzo do firme da estrada no núcleo de Marelle, na parroquia de Covelas.
24 Xul 2020

O Concello de Ribadeo sacou a licitación polo procedemento aberto simplificado as obras de ensanche e reforzo do firme da estrada no núcleo de Marelle, na parroquia de Covelas.

O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que “a zona conta cunha lonxitude total de 1050 metros e una anchura de 4 metros. As melloras consistirán na limpeza de cunetas, salvacunetas e pasillos con firme de aglomerado asfáltico en quente de 5 cms de espesor e con zahorra artificial en pasillos de 30 cms de anchura”.

O edil nacionalista indicou que “o proxecto ten un orzamento total de 62.574,36 euros  e conta cunha subvención de Agader de 46.383€ cofinanciada nun 75% polo Feader 7,5% polo Ministerio de Agricultura Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e 17,5% pola Xunta de Galicia”.

Mundiña contou que “a licitación está publicada na Plataforma de Contratos do Estado e as empresas interesadas en presentar ofertas teñen de prazo 20 días naturais”.

E engadiu que “coa licitación desta obra, o Concello de Ribadeo continúa actuando nas infraestruturas viarias do rural, estando previsto que este ano saque a licitación varias obras mais de mellora nos camiños rurais”.

0.16886806488037