O Concello de Ribadeo reúnese coa Confederación Hidrográfica do Cantábrico

AMariñaXa
Entre os temas tratados está renovar a rede de abastecemento de auga
061124-Foto-xuntanza-Ribadeo-con-CHN
7 Nov 2024

O Concello de Ribadeo solicita o apoio da Confederación Hidrográfica do Cantábrico para renovar a rede de abastecemento de auga. Así llo fixo saber o alcalde, Dani Vega, á presidenta deste ente, Bárbara Monte.

O rexedor contou: “Tivemos unha reunión de traballo coa presidenta da Confederación Hidrográfica do Cantábrico para abordar varios asuntos de interese para Ribadeo. O primeiro deles é o abastecemento da auga, que nós entendemos que temos que ter a colaboración de todas as administracións. Xa estamos en conversacións coa Xunta de Galicia e estamos agardando que nos responda a Deputación. E agradecemos a gran resposta e rápida de Hidrográficas para abordar o asunto”.

Vega explicou que van ter que facer algún tipo de tramitación, van ter que facer algún tipo de proposta  no tocante a unha tramitación para incluílo dentro dos presupostos xerais do Estado.

O alcalde asegurou: “Queda un traballo importante que facer, o que si xa conseguimos é que fagan unha limpeza de todos os ríos que sexan dependentes da institución, da Confederación Hidrográfica do Cantábrico. Vamos actuar en varios puntos, xa lle trasladamos a nosa proposta e polo tanto é un acordo importante”.

Dani Vega engadiu: “A partir de agora, vai haber unha programación na limpeza dos ríos que dependan de Hidrográfica do Cantábrico. Foi unha reunión moi positiva, unha reunión que agradecemos e como sempre dicimos vamos seguir traballando para ter esa relación, para ter esa xestión e en consecuencia esa inversión para o Ribadeo que queremos todos”.

0.184739112854