O Concello de Ribadeo retirará a Franco o recoñecemento de alcalde honorario
O Concello de Ribadeo aprobará, no pleno ordinario do vindeiro 28 de xullo, os festivos locais para 2022, que serán o 16 de agosto, día de San Roque, e o 8 de setembro, día da patroa. Ademais nesta sesión preséntase a aprobación un suplemento de crédito para adquirir un novo vehículo para a Policía Local e para habilitar os recursos necesarios para un novo convenio extraordinario con Acisa. O equipo de goberno tamén leva a este pleno a proposta de retirarlle a Francisco Franco o recoñecemento de alcalde honorario de Ribadeo, dado pola Corporación no ano 1939.
Ademais, outro punto que se levará é un suplemento de crédito para habilitar fondos para un novo vehículo para a Policía Local, pois o todoterreo do que dispoñían non deu máis de si e xa tivo que ser enviado ao desgüace. Este suplemento de crédito querese utiliza tamén para habilitar os recursos necesarios para un novo convenio extraordinario coa asociación de comerciantes de Ribadeo para a promoción de accións relativas a potenciar á imaxe de Ribadeo como un lugar de encontro e de compras, como un lugar atractivo para vivir, para estar, etc….
Hai tamén unha proposta para a modificación do plan estratéxico de subvencións, concretamente no aspecto deportivo, pois houbo uns excedentes que non foron entregados a varias asociacións deportivas ben porque non xustificaron a subvención concedida nun caso totalmente e noutros parcialmente, polo que ese diñeiro sobrante querese complementar a aquelas outras que neste ano si fixeron máis actividades das que inicialmente tiñan comprometidas.
Tamén se levará a pleno unha proposta de retirarlle ao ditador Francisco Franco Bahamonde o recoñecemento de alcalde honorario de Ribadeo dado pola corporación no ano 1939. Logo da recente publicación dun libro, nestas últimas semanas, de sucesos en varios concellos da Mariña, desde o punto de vista histórico, tívose coñecemento a través desa publicación de que as actas do Concello recollían este acordo