O Concello de Ribadeo recupera o lavadoiro de Rinlo
O Concello de Ribadeo vén de investir máis de 10.000 euros na renovación do lavadoiro de Rinlo. O alcalde, Dani Vega, incidiu: “Seguimos investindo na conservación do noso patrimonio. Dende a asociación O Cantal, a que lle agradezo o seu traballo, trasladáronos que era importante renovar este lavadoiro. Neste caso estamos a falar dun espazo que estaba realmente abandonado e quixemos poñelo en valor, desde un punto de vista do noso patrimonio local”.
O rexedor explicou as accións realizadas: “No lavadoiro renovamos por completo a cuberta, tamén as columnas, a recuperación de todo o pilastre. Isto supón unha inversión importante, unha inversión para arranxar nestes momentos moito patrimonio que está abandonado, pero despois temos que ser conscientes de que debemos conservar, coidar, para non ter que mal gastar o diñeiro”.
Tivo palabras de agradecemento para O Cantal: “Agradecer á asociación O Cantal por toda esa reivindicación constante para o pobo de Rinlo, pero evidentemente un traballo conxunto co Concello, cos veciños, en definitiva entre todos estamos traballando para que Ribadeo avance”.