O Concello de Ribadeo recolle follas de palmeira para ambientar a décima edición do Ribadeo Indiano

AMariñaXa
O goberno local ofrece podas gratuítas en fincas privadas para decorar as rúas coa estética característica do evento
Ribadeo-palmeiras
29 Jun 2025

O Ribadeo Indiano está á volta da esquina, e o Concello xa iniciou os preparativos para ambientar a vila co inconfundible estilo da emigración de ultramar. Un dos elementos máis recoñecibles do evento, as follas de palmeira, volverán vestir as rúas durante a celebración. Por este motivo, desde o goberno local ofrecen podar gratuitamente as palmeiras situadas en propiedades privadas, co obxectivo de reutilizar as follas para a decoración urbana.

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Marta Saiz, anima á veciñanza a participar nesta acción solidaria e colaborativa: “Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que teñan palmeiras nas súas fincas e precisen facer poda. Se se poñen en contacto co Concello entre o luns 30 de xuño e o mércores 2 de xullo, o persoal municipal encargarase das tarefas nos días seguintes”.

Saiz agradeceu por adiantado a implicación da cidadanía e subliñou que “este ano a festa será especial, xa que celebramos dez edicións do Ribadeo Indiano, unha cita que se consolidou como un referente cultural e turístico. Do 11 ao 13 de xullo, Ribadeo volverá viaxar no tempo grazas á colaboración de todas e todos”.

⚙ Configurar cookies
0.1943678855896