O Concello de Ribadeo realizou obras de recuperación da fonte de Guimarán

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo realizou obras de recuperación da fonte que se atopa situada ao comezo da estrada que vai ao faro. 
fonte estrada faro ribadeo
2 Feb 2022

O Concello de Ribadeo realizou obras de recuperación da fonte de Guimarán que se atopa situada ao comezo da estrada que vai ao faro. 

Así, o Concello de Ribadeo vén de recuperar a fonte que se atopa no comezo da estrada do faro e que se trata dun recuncho do casco histórico.

As tarefas de melloras contaron cunha serie de actuacións que incluíron o arranxo das paredes que a rodean, coa posta en funcionamento da propia fonte que agora mesmo xa conta con auga e coa mellora do espazo no que está situada.

O orzamento desta actuación foi de 8.200 euros e con estas melloras o quérese tamén é poñer en valor estes pequenos espazos dentro da historia de Ribadeo.

0.17342710494995