O Concello de Ribadeo porá en marcha un proxecto de fomento da lectura dirixido ás persoas adultas maiores

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo, vai por en marcha un proxecto de fomento da lectura dirixido ás persoas adultas maiores. 
libros
28 Mar 2023

O Concello de Ribadeo, a través da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Actuacións Culturais do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, que na actualidade se está a desenvolver conxuntamente co Concello de Barreiros, vai por en marcha un proxecto de fomento da lectura dirixido ás persoas adultas maiores.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello quere con este proxecto devolver ao libro e a  lectura o valor principal que merece como recurso social, democrático, fonte de coñecemento, de creación de espazos de socialización e de goce así como estimular a memoria e a activación intelectual dirixido principalmente ás persoas do rural. Para elo crearemos una biblioteca nalgunha das parroquias do rural de Ribadeo coa fin de facilitar o acceso aos libros, a creación dun espazo de acceso ao coñecemento así como un lugar de reunión, fomento da lectura e lecer”.

O edil ribadense indicou que “para a posta en marcha desta iniciativa contaremos coas diferentes asociacións do rural para a súa xestión. Con este fin o Concello poñerase en contacto coas distintas asociacións das parroquias para darlles a coñecer o proxecto, contrastar o posible interese en acollelo e colaborar no seu mantemento e xestión no tempo, xa que a idea é que unha vez rematado o obradoiro, aló polo mes de setembro, sexan os propios veciños e veciñas da parroquia na que se instale a biblioteca os que se encarguen, en coordinación co Concello, de xestionar este espazo. Para a localización da mesma atenderemos a criterios de espazo, poboacións así como ao interese e capacidade para contar con ela”.

Vizoso Galdo dixo que “ao fío deste proxecto e con motivo de aportar un fondo bibliográfico diverso vaise por en marcha unha campaña de recollida de libros usados. A doazón pode abarcar todo tipo de libros en bo estado, desde xuvenís, clásicos, ensaio, etc”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local seguiu a contar que “os exemplares recollidos, serán previamente seleccionados e catalogados e pasarán a formar parte do fondo da citada biblioteca, que se completará coa adquisición de libros de recente publicación. Os lugares de recollida dos libros serán a oficina de turismo así como a biblioteca municipal”.

Ribadeo cos Libros inclúe a posta en marcha doutras iniciativas: “como a creación de clubs de lectura, actividades lúdicas ligadas á literatura, aumentar o número de persoas socias da biblioteca municipal de Ribadeo, actividades interxeneracionais e colaborativas entre as persoas adultas e os mais novos, así como un buzón de libros que se localizará nun espazo céntrico de Ribadeo”, engadiu Pablo Vizoso.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17573094367981