O Concello de Ribadeo pon en marcha un curso de Monitor de actividades de tempo libre

AMariñaXa
Preto de 50 equipos participarán no XVIII Torneo de Fútbol Alevín e Miniprebenxamín da SD Ribadeo que será esta fin de semana
rapaces xente musica diversion nenos
10 Out 2023

O Concello de Ribadeo pon en marcha un curso de Monitor de actividades de tempo libre acreditado polo Goberno autonómico.

Desenvolverase durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro e terá unha duración de 200 horas de formación teórico-práctica e 150 horas de prácticas.

Entre as cuestións que abordarán figuran: psicoloxía evolutiva, animación deportiva, educación ambiental, educación para a saúde, lexislación en tempo libre, etc.

Será impartido os sábados e domingos en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00h no Pavillón Municipal de Ribadeo. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 16 de outubro na casa da Xuventude e o curso iniciarase o 21 de outubro.

Para realizar o curso é preciso ser maior de idade, ter graduado en ESO, graduado escolar ou algunha titulación superior.

curso monitor tempo libre ribadeo 2023
0.19705200195312