O Concello de Ribadeo organiza uns obradoiros tecnolóxicos
O Concello de Ribadeo organiza uns obradoiros tecnolóxicos baixo o título Steam, derrubando estereotipos. Impartiranse na Aula CeMIT de 10:30 a 13:30 horas. Serán os días 23 e 24 de agosto para a rapazada de 8 a 11 anos.
Neles aprenderán a programar de xeito moi sinxelo e creativo. Verán conceptos sobre intelixencia artificial, robótica e deseñarán tamén circuítos en papel, todo baixo unha metodoloxía activa e un aprendizaxe práctico con profesionais do sector.
Desde o Concello apuntan que “é unha boa maneira de introducir á rapazada, desde moi cativos, na outra cara da tecnoloxía”.
A inscrición é gratuíta para todos e todas e as prazas son limitadas. O prazo de inscricións atópase aberto e pódense apuntar no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal