O Concello de Ribadeo mellorará a rúa Antonio Otero
AMariñaXa
O Concello de Ribadeo dará comezo nos próximos días aos traballos de mellora da rúa Antonio Otero, no treito entre a Biblioteca e o porto.
10 Jan 2022
O Concello de Ribadeo comunicou que nos próximos días darán comezo os traballos de mellora da rúa Antonio Otero, no treito comprendido entre a Biblioteca Municipal e o porto. O investimento ascenderá a máis de 84.000 euros e o prazo de execución será de 2 meses.
Dende o Concello informaron de que despois do Nadal "vamos empezar con forza en toda esta parte do casco vello, un treito que está deteriorado desde hai moitos anos e agora, por fin, ímoslle dar solución. Para iso utilizamos o diñeiro que temos da Área de Rehabilitación Integral (ARI) nestas partes de obra pública que financiamos entre o Concello de Ribadeo e o Ministerio”.