O Concello de Ribadeo licita as obras de mellora e ampliación do hangar de piragüismo

AMariñaXa
O Concello acaba de licitar as obras de mellora e ampliación do hangar de piragüismo, que suporán un investimento de máis de 50.
27 Dec 2022

O Concello acaba de licitar as obras de mellora e ampliación do hangar de piragüismo, que suporán un investimento de máis de 50.000 euros e un prazo de execución de 5 semanas.

Fai un par de semanas asinouse un convenio de colaboración coa Área de Deportes da Deputación de Lugo para  axudar no financiamento destas obras de mellora e ampliación do hangar de piragüismo.

Con este proxecto contémplanse melloras importantes para ter unhas instalacións cómodas e modernas e inclúe loxicamente vestiarios e duchas con auga quente.

Así mesmo, acábase de publicar na Plataforma de Contratos do Sector Público a licitación destas obras, que ascenden a 50.889 euros e contan cun prazo de execución de 5 semanas. As empresas cualificadas para executar esta obra teñen acceso a toda a documentación nesta web ou na do propio Concello de Ribadeo e teñen un prazo de presentación de ofertas de 20 días naturais.

0.19779014587402