O Concello de Ribadeo instalou un valo publicitario para reivindicar os dereitos da comunidade LGTBIQ+

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo instalou un valo publicitario á entrada da vila, para reivindicar os dereitos da comunidade LGTBIQ+
Ribadeo valo LGTBI+
18 Maio 2023

O Concello de Ribadeo instalou un valo publicitario xunto a unha gasoliñeira, á entrada da vila, para reivindicar os dereitos da comunidade LGTBIQ+ con ocasión da conmemoración o 28 de xuño do Día do Orgullo.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “queremos aproveitar esta data para facer unha chamada á igualdade e ao respecto pola diversidade na nosa vila”.

A edil ribadense dixo que “o valo publicitario leva un lema que reflicte a identidade do noso pobo e o seu orgullo pola súa diversidade: Ribadeo síntese orgullosa coa diversidade”.

Freire Rancaño engadiu que “representa o noso compromiso coa igualdade e os dereitos da comunidade LGTBIQ+. Queremos mostrar que somos unha vila aberta e acolledora, onde todas as persoas son valoradas e respectadas sen importar a súa orientación sexual ou identidade de xénero”

“O Concello de Ribadeo está comprometido coa promoción dunha comunidade inclusiva e acolledora, onde todas as persoas son valoradas e respectadas. Esperamos que este valo publicitario sexa unha expresión tanxible dese compromiso e un recordatorio de que en Ribadeo, sentímonos orgulloso@s da nosa diversidade”, sinalou a concelleira de Igualdade.

0.091044902801514