O Concello de Ribadeo iniciou o reparto dos títulos de aforo máximo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 May 2020

O Concello está a repartir a primeira remesa de títulos do aforo máximo permitido aos comercios e locais hostaleiros que solicitaron a realización deste cálculo. O cartel plastificado que se lles entrega debe estar colocado nun lugar visible á entrada do establecemento para cumprir coa normativa vixente. O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada aos negocios locais para que pidan que o Concello lles calcule o aforo máximo permitido de xeito cómodo, asinando unha declaración responsable que poden atopar na páxina web municipal.

O rexedor explicou que “desde o Concello de Ribadeo estamos facendo entrega, no día de hoxe e a través da Policía Local, da primeira remesa de títulos de aforo máximo permitido, que é o que todos os establecementos, sexan comerciais, de hostalería, de restauración, etc…, teñen que ter, de maneira obrigada, sempre visible á entrada do establecemento. A partir dese aforo máximo, é a porcentaxe que hai que calcular coas normativas ou coas instrucións que o Goberno do Estado, en función das fases de desescalada nas que nos imos ir vendo sometidos nos seguintes días”.

Suárez Barcia dixo que “sen prexuízo de que estas cartolinas hai que poñelas de maneira definitiva sempre, porque así o manda a lei, nosoutros desde o Concello quixemos facilitar tanto a operación de cálculo como a emisión e impresión do propio título de aforo para que lles sexa máis doado a todos os titulares dos establecementos”.

O alcalde insistiu: “todos os titulares de negocios que aínda non nolo pediron que o fagan dunha maneira cómoda a través dunha declaración responsable que está colgada na nosa páxina web, un modelo normalizado, que nolo manden por correo electrónico asinado, e desde a oficina técnica municipal calcularase o aforo máximo e entregarémosllo para que, a ver se nos próximos días, todos os comercios, bares e restaurantes en Ribadeo teñen este aforo máximo, para logo que a cidadanía e as forzas de orde saiban, segundo as normativas de aplicación en cada caso, cal é a porcentaxe máxima de persoas que poden estar dentro dun local”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16999197006226