O Concello de Ribadeo inicia un programa cultural para bebés o sábado

AMariñaXa
Palma Repalma é o programa do que gozarán todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos.
teatro bebes ribadeo portada
5 Mar 2021

Palma Repalma é o programa do que gozarán todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos. Trátase de espectáculos de música, teatro ou arrolos para os máis pequenos da casa. O primeiro deles terá lugar este mesmo domingo, 7 de marzo, e dános a posibilidade de ver unha das compañías de máis éxito, Baobab Teatro, coa súa obra Ris Ras. Está destinada para nenas e nenos de 1 ano en adiante.

Ademais pasará tamén polo auditorio Raquel Queizás, co Segredo do Tendal, que será para maiores de 3 anos. O día 21, Arrerú, de Rilo & Penadique dedicarase a pequenos de 0 a 4 anos mentres que o 28, Redondo, de Caramuxo Teatro, será para nenos de 6 meses a 4 anos tamén.

As representacións terán lugar no auditorio Hernán Naval e terá un custe de 3 euros.

Dentro do Apego a Concellaría de Cultura programa tamén propostas activas para as familias. Volverá ter as caixas de benvida que tanto éxito tiveran, agasallo do Apego quere potenciar que as persoas adultas, e a súa familia máis próxima en particular, lle falen o galego ás súas crianzas. A caixa contén entre outros elementos un dudú -o polbiño PO- , e un álbum de fotografías. Todas as familias teñen dereito a elas mentres non se esgoten. A campaña está dirixida ao embarazo e ata despois de 6 meses do nacemento do bebé. As familias interesadas teñen que chamar ao teléfono de Cultura do Concello para pediren cita previa e alí terán unha entrevista e unha pequena charla arredor do que significa o proxecto Apego.

Ademais, programaron ao amparo deste programa dous obradoiros arredor do xogo heurístico a cargo de María Novo. 

programa para bebes ribadeo
0.23129200935364