O Concello de Ribadeo faise cargo da limpeza dunha finca particular

TerraChaXa | AMariñaXa
21 Feb 2019

O Concello de Ribadeo procedeu á limpeza dunha finca situada na intersección das rúas Deputación e Recarey. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que se trata dunha execución subsidiaria, debido ao lamentable estado que presentaba e diante da falla de actuación por parte dos seus propietarios.
O rexedor declarou que “no encontro entre a rúa Recarey e a rúa Deputación acabamos de facer unha limpeza coa brigada de Medio Ambiente do Concello, a través dunha execución subsidiaria, dado que esta parcela atopábase nunha situación lamentable desde o punto de vista da salubridade e de ornato público”.
Fernando Suárez comentou que “é unha parcela particular que, no seu momento en reiteradas ocasións, fomos advertindo aos seus propietarios de que isto non podía ser así. Finalmente diante da súa falta de actuación, decidimos executar unha nova acción subsidiaria”.
O alcalde ribadense engadiu que “agora o custo de todos estes traballos, xunto coas sancións que teñen acumuladas, intentaráselles pasar por vía de constrinximento e se non o satisfan, no prazo que a lei establece, iniciaremos un procedemento de apremio sobre o patrimonio, sobre esa propiedade, tal e como estivemos facendo con outras”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20866298675537