O Concello de Ribadeo e a Xunta estudan as liñas de colaboración para mellorar o municipio

AMariñaXa
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor municipal de Ribadeo Daniel Vega, acordaron analizar a posibilidade de colaborar na mellora e homoxeneización da sinalización instalada no Monumento Natural das Catedrais co fin de potenciar a preservación dos valores medioambientais deste espazo a través da actualización da información e a cartelería dirixida aos visitantes e estudarán tamén novos investimentos nesta zona como, por exemplo, no aparcadoiro.
alcalde Ribadeo e Xunta
8 Out 2023

Despois do encontro entre as dúas entidades, decidiuse redactar unha proposta entre o Concello e a Xefatura Territorial de Medio Ambiente en Lugo para actualizar, renovar e garantir a homoxeneidade dos diferentes carteis e sinais instalados no monumento natural e nos que se recolle información de interese e relevancia sobre o Monumento Natural das Catedrais e a forma de acceder ao mesmo, entre outras cuestións.

Tras lembrar que As Catedrais é desde hai anos un dos lugares máis visitados de toda Galicia, a vicepresidenta e o alcalde subliñaron a importancia de contar cunha sinalización completa e axeitada na zona, así como na necesidade de garantir o mellor aproveitamento posible da zona habilitada como aparcadoiro.

Por último e noutra orde de cuestións, Xunta e Concello de Ribadeo estudarán tamén a posibilidade de establecer novas liñas de colaboración en materia urbanística no municipio a través do Plan Hurbe.

0.15292000770569