O Concello de Ribadeo demolerá as vellas escolas de Cedofeita

AMariñaXa
O Concello ribadense saca a licitación pública a construción do edificio multiusos de Cedofeita e contempla a demolición das vellas escolas.
A Deputacion deu unha achega ao Concello de Ribadeo para o arranxo da escola de Cedofeita
19 Xuño 2021

O Concello ribadense saca a licitación pública a construción do edificio multiusos de Cedofeita. O investimento ascenderá a 138.000 euros, dos que a Área de Cultura da Deputación de Lugo achegará 90.000 e o Concello aportará 49.000 euros. 

Todas as empresas interesadas na execución deste contrato teñen información á súa disposición na Plataforma de Contratos do Estado ou ben no Perfil do Contratante da páxina web municipal. As obras saen a licitación por un importe de 138.088 euros e un prazo de un ano de duración.

A construción deste inmoble contempla a demolición das vellas escolas que se atopan actualmente nunha situación de ruína co perigo que isto supón para a veciñanza. O prazo de presentación de ofertas será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación na plataforma de contratos.

Esta obra supón unha importante mellora nas condicións de espazo tanto para as actividades dos propios veciños como para as propostas que partan do propio Concello (charlas, xuntanzas coa veciñanza, actividades culturais ou programas pensados especificamente para as persoas do rural de Ribadeo como é Aquí como de 20).

0.18874311447144