O Concello de Ribadeo cubrirá unha praza vacante da Policía Local durante tres meses

AMariñaXa
O vindeiro 17 de xaneiro incorporarase á Academia Galega de Seguridade para completar o curso de formación
261021-Foto-Concello-Ribadeo
12 Jan 2025

O Concello de Ribadeo cubrirá unha praza vacante da Policía Local durante tres meses.

A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, contou que “unha vez superado o proceso de selección, Alberto escolleu como destino Ribadeo. O vindeiro 17 de xaneiro incorporarase á Academia Galega de Seguridade para completar o curso de formación académico durante nove meses, dos que tres estará en prácticas no noso Concello”.

A edil ribadense indicou que “esta praza da Policía Local cubre a baixa que tivemos a finais do ano pasado, cando unha persoa optou pola praza de Mobilidade ao Concello de Lugo. Dende o Concello dámoslle a benvida a Alberto a Ribadeo”.

0.17014503479004