O Concello de Ribadeo comezou as obras de mellora da estrada de Noceda

AMariñaXa
A estrada de Noceda xa está sendo mellorada a través dunhas obras que puxo en marcha o Concello de Ribadeo cun investimento de 120.
estrada Noceda Ribadeo obras
20 Out 2023

A estrada de Noceda xa está sendo mellorada a través dunhas obras que puxo en marcha o Concello de Ribadeo cun investimento de 120.000 euros. O alcalde, Dani Vega, considera que se trata dunha infraestrutura “fundamental e estratéxica para Ribadeo” e subliñou que “son 120.000 euros de investimento para a mellora desta estrada fundamental e estratéxica para Ribadeo”.

O rexedor contou que “comezan as obras da estrada de Noceda, unha infraestrutura necesaria e fundamental xa que vertebra o rural da costa co do interior. Une as parroquias, comunica o noso rural e é usada por moitos veciños e moitas empresas”.

Dani Vega dixo que “hai que pensar que a inversión debe vir sempre baixo unha planificación orzamentaria, pero tamén nunha concreción de obras durante os seguintes anos”.

O alcalde indicou que “quixemos concretar esta inversión e así concluír unha estrada onde estes anos anteriores se veu investindo para mellorala. Hai que destacar que é unha estrada que vertebra todo o rural, polo que debemos mellorar a comunicación e os puntos críticos que ten este vieiro baixando a Noceda, hai certas curvas que teñen risco”.

0.11439394950867