O Concello de Ribadeo cambiou a iluminación do pavillón de Alfredo Deaño
O Concello de Ribadeo cambiou a iluminación do pavillón de Alfredo Deaño. O investimento ascendeu a 2.000 euros. Os 24 focos de 400 vatios cos que contaba a instalación foron cambiados por outras 24 luminarias led de 100 vatios. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliña o aforro económico e enerxético que vai supoñer esta mellora.
O edil ribadense explicou que “procedemos ao cambio da iluminación principal do pavillón pequeno de Alfredo Deaño, da iluminación da pista. Componse de 24 focos que estaban anticuados e eran de 400 vatios, entón consumían bastante e ao longo do tempo fóronse fundindo e deteriorando”.
Jorge Díaz Freije dixo que “decidimos cambiar toda a iluminación e agora está todo en led. Son focos de 100 vatios, hai moita máis iluminación e así os rapaces e rapazas poden adestrar e competir en mellores condicións. Tamén é un compoñente máis para o aforro tanto enerxético como económico para o Concello. É menos da metade de potencia a que necesita para alumear máis e mellor ese espazo, entón gáñase en todo. O importe total destas luminarias está arredor dos 2.000 euros”.