O Concello de Ribadeo cambia as luminarias da avenida de América
O Concello de Ribadeo leva a cabo obras de mellora de alumeado na avenida de América. Os traballos continuarán pola rúa Segundo Moreno Barcia e pola parroquia de Piñeira. Estanse a cambiar as lámpadas existentes por outras de tecnoloxía led que permiten mellorar a eficiencia enerxética e reducir custes.
Estas novas luminarias contan con mellor eficiencia enerxética xa que son de tecnoloxía led e poden reducir a factura da luz ata un 50% e que van descender tamén a contaminación lumínica nesta zona.
A previsión é continuar con estes traballos de cambio de luminarias cara a zona do cuartel e pasar máis para alá cara a rúa Segundo Moreno Barcia. Nas vindeiras semanas comezarán estes traballos na parroquia de Piñeira.
Estas tarefas veñen ser continuidade cos que comezaron fai uns meses na parroquia de Vilaselán, que xa contan hoxe en día con lámpadas de tecnoloxía led que substituíron as tradicionais de descarga que existían nesta zona.