O Concello de Ribadeo busca que o Goberno autonómico incremente a súa aportación nas obras do hospital asilo
O Concello de Ribadeo busca que o Goberno autonómico incremente a súa aportación nas obras de reforma do hospital asilo San Sebastián e San Lázaro.
O ente autómico ten prevista a cantidade de 700.000 euros para esta obra e o alcalde ribadense, Dani Vega, está a negociar que incrementen esta cifra todo o posible.
O obxectivo desta negociación é que o Goberno loca non teña que realizar ningunha aportación económica, malia que é o complicado pois o total da reforma son 1,7 millóns de euros aínda que despois haberá que sumar algunha cantidade máis para o equipamento do edificio.
Parte importante das obras financiaranse co diñeiro que deixou como herdanza a tal fin o médico Francisco Moreda e que foron 700.000 euros, e outra parte vén do crédito de 900.000 euros, que xa ten concedido o Concello ribadense.
A remodelación completa do hospital asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo é unha obra moi importante para os servizos sociais do Concello de Ribadeo xa que as prazas que ofertará sumaranse ás que hai na nova residencia.