O Concello de Ribadeo aproba unha nova ordenanza forestal no pleno

AMariñaXa
Aprobada coa finalidade de coidar as pistas e os camiños públicos
250924-Foto-pleno-onte-Ribadeo
20 Nov 2024

Ribadeo conta cunha nova ordenanza forestal para coidar as pistas e os camiños públicos, aprobado no pleno celebrado onte á noite no Concello. O alcalde, Dani Vega, contou: “Celebramos un pleno onde abordamos varias cuestiones. A primeira delas foi a modificación da ordenanza reguladora do uso e aproveitamento especial de pistas, de vieiros e tamén de espazos públicos. Trátase dunha ordenanza que queremos actualizala, modernizala e aplicala, dado que a que había ata  agora viña da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Era unha ordenanza moi pouco aplicable, difícil más ben de aplicar e tamén bastante irreal. Por iso nosoutros desde un punto de vista técnico xurídico e tamén desde un punto de vista de técnico de conservación de infraestruturas, de camiños públicos, os técnicos de Medio Rural, aconsellaban que esta ordenanza tiñamos que modernizala e actualizala”.

O rexedor sinalou: “Unha ordenanza que ten a clara vocación de coidar o público, unha ordenanza que o que quere é convivir co sector e traballar co sector forestal, sabemos perfectamente que o forestal é un sector dentro da estratexia económico local que debemos coidar e debemos traballar conxuntamente. Pero iso non quere dicir que se poida facer todo o que se queira, non coidar un camiño público, é igual destrozalo que non, non comunicar onde se está cortando, pasar por calquera pista na saca de madeira. Eu creo que iso non se pode facer e debemos ter as cousas reguladas para que todo o mundo conviva”.

Vega considera: “Demos un salto importante fai uns meses, a través de Lugo Madera, Notifor, todos os maderistas poden informar, deben informar a través desa aplicación e sabemos perfectamente onde se está talando, onde se está sacando a madeira e por que camiños se saca. Se un maderista non informa en tempo e forma será sancionado cunha multa de 100 euros. Se o maderista saca a madeira e non coida os camiños, terá tres posibles sancións, o que se chama multas coercitivas, de 1.000 a 3.000 euros. Se o maderista non resolve e o camiño está danado, pasa o tempo que se lle dá estritamente legal e non se arranxa, pois entrará o Concello a través da execución subsidiaria a arranxalo e cobrará por adiantado. Se isto o Concello teno que facer, xa entra a multa, a sanción, por non cumprir a ordenanza e poderá ter unha sanción que vai de entre 10.000 a 50.000 euros”.

Na sesión plenaria tamén foron abordados outros asuntos: “No pleno tamén aprobamos as axudas económicas do programa Concilia e evidentemente respondemos a cada pregunta de toda a oposición e atendemos aos rogos. E tamén, por último levamos outro punto. Había un erro no Plan Xeral de Ribadeo, un erro que tivemos que corrixir, tivemos que ter varias reunións na Xunta,  en Urbanismo, que é sobre o espazo da área recreativa de Ove, que no PXOM viña como espazo público, sendo de titularidade da Comunidade de Montes. Corriximos iso e daremos pasos para legalizar certas infraestruturas que estaban fora da lei e que entendemos que deben estar legais e cubrir esa resposta que demanda a Comunidade de Montes de Ove”.

 

0.1913959980011