O Concello de Ribadeo adquiriu un remolque para os tractores municipais

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo adquiriu un remolque para os tractores municipais. Con este apeiro podese dar máis servizos
240323 Foto Pablo Vizoso e Marcos Villamil
25 Mar 2023

O Concello adquiriu un remolque para os tractores municipais, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

O edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo vén de investir 5.700 euros, con fondos propios, na compra dun remolque necesario para os tractores municipais. Con este apeiro dende a Delegación de Medio Rural do Concello podemos dar máis servizos e conseguir máis autonomía e eficiencia nos traballos”.

Villamil dixo que “agora mesmo estamos facendo labores de acondicionamento nas gabias e pistas, atendendo ás necesidades da veciñanza en cada parroquia”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15008902549744