O Concello de Ribadeo acomete estes días tarefas de rebacheo en diferentes camiños

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo acomete estes días tarefas de rebacheo en diferentes camiños das parroquias da costa e do interior.
asfaltado aglomerado estrada
7 sep 2022

O Concello de Ribadeo acomete estes días tarefas de rebacheo en diferentes camiños das parroquias da costa e do interior. O investimento ascenderá a 47.000 euros de fondos propios e o prazo de execución será dun mes.

Segundo o Goberno local “mentres o aglomerado asfáltico non poida chegar a todos os sitios, debemos garantir que o firme teña condicións de seguridade para os vehículos que os transitan. Así que contratamos o rebacheo dos camiños municipais de todas as parroquias para manter a rede viaria municipal con unhas condicións aceptables”.

O concelleiro de Medio Rural explicou que “a empresa adxudicataria é Deymet, o prezo do contrato ascende a 47.000 euros, que saen dos fondos propios municipais, e o prazo máximo de execución destas obras é dun mes”.

0.26591801643372