O Concello de Ribadeo acolle un curso sobre nutrición e alimentación consciente

AMariñaXa
Terá lugar o día 11 de novembro e hai que apuntarse para asistir
Cartel-Nutrición-Ribadeo
29 Oct 2024

Ribadeo acollerá o 11 de novembro un curso sobre nutrición e alimentación consciente. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou: “Todos sabemos que una boa saúde conleva ter unha alimentación sa e equilibrada. Para iso, coa colaboración de Afammer, Cruz Roja, Xunta e Concello, entre outros, o luns 11 de novembro levarase a cabo no Centro Sociocomunitario de Ribadeo un curso sobre nutrición e alimentación consciente, en horario de 16.00 a 21.000 horas”.

Para apuntarse é necesario chamar ao Concello en horario de mañá. A edil ribadense anima a participar neste curso: “Esperamos contar coa vosa presenza, xa que uns bos hábitos alimenticios son esenciais para manter intacta a nosa saúde”.

0.16518688201904