O Concello de Ourol vai realizar un curso de informática básica

AMariñaXa
Ourol vai realizar un curso de informática co obxectivo de aprender de forma práctica a utilización de dispositivos móbiles no día a día
ordenador nenos tecnoloxia
9 Mar 2022

O Concello de Ourol vai realizar un curso de informática co obxectivo de aprender de forma práctica a utilización de dispositivos móbiles no día a día como pedir citas por Internet, manexarse nas páxinas das diferentes administracións, aplicacións bancarias, etc..

As prazas son limitadas polo que recomendan inscribirse o antes da data límite que é o 21 de marzo no teléfono 982 559 019.

O curso será os días 26 de marzo e 2 e 9 de abril en horario de 10.00 a 13.00 horas no edificio multiusos do Concello.

0.099228143692017