O Concello de Ourol publicou as bases para as axudas de libros de texto e material escolar

AMariñaXa
O Concello de Ourol publicou as bases para as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023.
material escolar
31 Ago 2022

O Concello de Ourol publicou as bases para as axudas de libros de texto e material escolar para infantil, primaria, secundaria e educación especial para o vindeiro curso 2022/2023.

As persoas beneficiarias destas axudas son o pai/nai, ou titor/a legal do alumnado empadroado nas Pontes e que vaia cursar formación nos centros educativos do municipio. Ademais de estar empadroado no momento da solicitude, é requerido que a renda da unidade familiar non supere os 9.000 €.

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. O prazo de solicitude remata o día 16 de setembro.

Máis información e recollida de impresos no Departamento Servizos Sociais ou no seguinte enlace.

0.18638586997986