O Concello de Ourol propón crear unha obra de microteatro

AMariñaXa
Estaría realizada e montada por nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos
ourol-teatro
13 Nov 2024

O Concello de Ourol quere poñer en marcha a creación e montaxe dunha obra de microteatro para a igualdade feita por nenos e nenas do Concello con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos.

Serían 8 sesións de traballo e unha sesión de representación ante o público (un período de 2 meses). Haberá reunións para ensaiar unha vez á semana durante 1 hora aproximadamente. A representación sería última semana acordando o día para representar a obra.

Unha primeira sesión para exploración e creación das secuencias da obra a montar. Cinco sesións de creación das secuencias da obra. A composición de escenas será de tres minutos en cada sesión. Dúas sesións para montar e dar forma á peza de microteatro que terá unha duración de entre 10 e 15 minutos e a propia representación da obra ante o público.

Será necesario para levar a cabo o proxecto contar cun mínimo de seis persoas e un máximo de 14. Ademais debe adquirirse o compromiso de acudir a todas as sesións incluída a de representación, xa que se non será imposible levar a cabo a actividade. Poderá realizarse unha reunión previa entre as persoas interesadas para acordar día e horario dos ensaios.

Todas as persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono 982 559 019 ou ao 608 694 051 en horario de 8.00 a 14.00 horas. O prazo estará aberto ata o 29 de novembro.

0.20045900344849