O Concello de Ourol organiza un curso de primeiros auxilios
AMariñaXa
O Concello de Ourol organiza un curso de primeiros auxilios co obxectivo de adquirir coñecementos e habilidades
25 Apr 2022
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de Primeiros Auxilios co obxectivo de adquirir coñecementos e habilidades sobre o manexo de situacións que requiran actuacións de primeios auxilios básicos (asistencia ante feridas e hemorraxias, dificultades respiratorias, dor torácica, convulsións, queimaduras, síncopes, picaduras ou mordeduras, reanimación cardiopulmonar básica, atragoamento...etc.
Este curso será o 3 de maio ás 16.30 horas no edificio multiusos e para asistir será necesario reservar praza a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais ou chamando ós teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457.