O Concello de Ourol organiza a 'Andaina contra a Violencia de Xénero'

Con motivo do 25 Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ourol organiza un ano máis a Andaina contra a Violencia de Xénero.
Trasladan desde o Concello: "Esta actividade ten como obxectivo sensibilizar á poboación sobre o problema mundial que representa a violencia contra as mulleres e concienciar tanto a mulleres coma homes da importancia de que todas as persoas unan forzas para rematar con esta lacra da sociedade que remata coa vida de tantas mulleres cada ano".
Terá lugar o día 25 de novembro ás 12.30 horas no Paseo da Rega.