Ourol acolle un taller de autocoñecemento e arte
AMariñaXa
Para o día 22 de novembro entre as 16.30 e as 18.30 horas
6 Nov 2024
O Concello de Ourol oferta un taller de arte e autocoñecemento, o día 22 de novembro, de 16.30 horas a 18.30 horas no edificio Multiusos de Ourol. Este taller de arte, segundo trasladan, ofrece un espazo creativo onde as persoas participantes poden expresarse libremente a través do arte.
No é necesario ter coñecementos nin habilidades para o debuxo. Mediante técnicas como o debuxo, a pintura, o barro ou o collage, as persoas poden expresar os seus sentimentos e vivencias.
Hai prazas limitadas e calquera persoa interesada deberá inscribirse a través do 982 559 019 ou 608 694 051