O Concello de Ourol oferta un emprego en Prevención en Riscos Laborais na Construcción

AMariñaXa
Contratación para traballos de 2 anos no proxecto de mellora da estrada entre Viveiro e Cabreiros, anunciado polo Concello de Ourol
Imaxe recurso de prevención de riscos laborais
16 sep 2024

O Concello de Ourol anunciou que a empresa Construcciones Isidro Otero S.L., responsable das obras de mellora na estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros, está a buscar un traballador ou traballadora cualificado/a. A empresa require que os/as candidatos/as posúan o Curso Oficial de Prevención en Riscos Laborais na Construcción de 60 horas.

O contrato, cunha duración estimada de dous anos, corresponde ao período previsto para a execución das obras. As persoas interesadas en optar ao posto deben enviar o seu currículo ao correo electrónico raul@isidrootero.es ou contactar co teléfono 679 184 119 para máis detalles.

0.19666814804077