O Concello de Ourol informa sobre o período de solicitudes para as bolsas do vindeiro curso

AMariñaXa
O Concello de Ourol informa que este ano adiantase o período de solicitudes para as bolsas do curso 2022/23
ordenador nenos tecnoloxia
31 Mar 2022

O Concello de Ourol informa que este ano adiantase o período de solicitudes para as bolsas do curso 2022/23. Aínda que non esté aberto o período de matrícula dos estudos que se queren facer para o vindeiro curso, débese solicitar a bolsa dentro deste prazo.

Os beneficiarios serán estudantes que no curso académico 2022-2023 cursen ensinanzas postobligatorias con validez no territorio nacional e prazode solicitude remata o 12 de maio.

Para máis información haberá que achegarse á casa da cultura de Ourol ou no teléfono 982 55 90 19.

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

0.094403028488159