O Concello de Ourol inaugura unha Unidade Terapéutica para persoas con alzhéimer

AMariñaXa
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias de Viveiro, pon en funcionamento unha Unidade Terapéutica no edificio multiusos do Concello.
30 Abr 2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias de Viveiro, pon en funcionamento unha Unidade Terapéutica no edificio multiusos do Concello. Trátase dun servizo de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. O curso comezará o martes 7 de maio en horario de 16.00 a 19.00 horas e será gratuíto.

Para o seu desenvolvemento contarase con persoal especializado, unha traballadora social/educadora social e auxiliar de enfermería. Con este recurso quérese proporcionar un recurso de respiro familiar para as persoas coidadoras, manter as capacidades físicas e mentais das persoas beneficiarias e frear na medida do posible o proceso de deterioro.

Todas aquelas persoas interesadas neste recurso deben poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos 982 559 109 ou no 677 489 457.

0.055365085601807