O Concello de Ourol conta cun servizo de fisioterapia a domicilio
AMariñaXa
O Concello a través do Centro de Fisioterapia de Ourol e en colaboración coa Biblioteca Municipal organiza a II Edición do Ourol Saudable.
30 Jan 2024
O Concello de Ourol vén de informar dun servizo de fisioterapia a domicilio destinado a persoas dependentes con limitación de mobilidade ou sen contar co grao de dependencia que presenten igualmente mobilidade reducida.
As persoas que desexen acceder a este servizo deben contactar co servizo de fisioterapia do Concello de Ourol para poder valorar a súa idoneidade.
Así, deberán chamar ao teléfono 982 559 019 ou achegarse presencialmente á casa da cultura.