O Concello de Ourol conta cun amplo abano de actividades para maiores que darán comezo en outubro

AMariñaXa
O vindeiro día 23 de maio ás 16.30 horas terá lugar no Edificio Multiusos un curso sobre Exercicio Físico e Ocio para maiores.
ximnasia mantemento maiores
7 Sep 2023

O Concello de Ourol conta cun amplo abano de actividades para maiores para este último semestre do ano e que darán comezo en outubro.

O primeiro deles é un bradoiro de adestramento da memoria que vai dirixido a todas aquelas persoas maiores de 60 anos. Con este obradoiro preténdese axudar a compensar as posibles perdas de memoria que poidan experimentar as persoas debido á súa idade. Tamén está dirixido a aquelas persoas que, aínda sen presentar problemas de memoria, estean interesadas en aprender algunhas estratexias de memorización que poidan ser aplicadas no momento que detecten algún problema na realización das súas actividades da vida cotiá relacionado coas perdas de memoria.

Está previsto que o obradoiro de comezo no mes de outubro deste ano e desenvolverase en sesión semanais de unha hora e media de duración ata finais de maio do ano 2024.

Tamén contarán cun curso de ximnasia para maiores pois dende o Concello "consideramos fundamental programar actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores para que podan disfrutar dunha vida activa con plena autonomía funcional".

Está previsto que o curso de comezo no mes de outubro deste ano e desenvolverase en 2 sesións semanais de unha hora de duración ata finais de maio do ano 2024.

0.15012001991272