O Concello de Ourol busca 7 peóns forestais
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de sete peóns forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de reforzo do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2023 da Deputación.
O tipo de contrato é temporal por circunstancias da produción a xornada parcial (75 %) e cunha duración de 6 meses.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 22 de marzo de 2024 (ambos inclusive)
Para máis información haberá que achegarse ata o Concello de Ourol e falar co Axente de Emprego ou chamando ao 982 559 109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello.