O Concello de Ourol adxudica obras no centro social de Bravos

TerraChaXa | AMariñaXa
4 Abr 2019

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de Bravos por case 12.000 euros. Con esta obra, trátase de emendar os defectos detectados pola empresa distribuidora Begasa, polo que os traballos previsiblemente comezarán este mes de abril. Dende o Concello apostase, para que os centros públicos, teñan unhas instalacións dignas, e cumpran coa normativa vixente. A Corporación municipal, continuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.
A Xunta de Goberno Local do Concello, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de Merille por case 7.000,00 euros. Esta mellora, únese a outras que se levaron a cabo nos últimos meses, como foron a substitución completa da cuberta, a reforma dos aseos, a colocación dunha fosa séptica e, a eliminación de parte do talude traseiro do edificio, por importe de case 90.000 euros. Con esta inversión esperase mellorar a rede eléctrica do centro, dentro da aposta clara de que os centros públicos do Concello, teñan unhas instalacións dignas. A Corporación municipal, continuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.
O Concello, adxudicou as obras de substitución dos canlóns, que rodean todo o edificio do Centro Social do Sisto, mailas baixantes, xa que observaron que estaban podres e picados, repercutindo no interior do edificio. Esta actuación era necesaria para os usuarios do centro, para que poidan facer uso do mesmo, nas mellores condicións posibles.

0.20556998252869