O Concello de Ourol abre o prazo de inscrición para a Ruta Indiana que será en agosto

AMariñaXa
Ademais, tamén haberá a exposición 'Galicia imaxinada', cedida polo Consello da Cultura de Galicia
casa-de-puentes-xeral-b
17 Xul 2024

O Concello de Ourol abre o prazo de inscrición para a Ruta Indiana o día 18 de xullo a través dun formulario de inscrición que estará dispoñible na páxina web do Concello e o prazo rematará o 31 de xullo.

Este ano a ruta terá lugar os días 3 e 4 de agosto e volverán ofrecerse 6 viaxes; o sábado 3 de agosto haberá saídas ás 10.30, 12.30, 16.30 e 18.00 horas; mentres que o domingo 4 de agosto serán ás 10.30e 12.30 horas. As viaxes en autobús de época serán gratuítos e visitaranse 15 vivendas e 2 escolas.

Ademais, tamén haberá a exposición 'Galicia imaxinada', cedida polo Consello da Cultura de Galicia, que retrata a Galicia dos emigrantes: a real e a imaxinada. Unha exposición que permitirá visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia.

A través de 20 paneis a mostra revisa as revistas porteñas como Céltiga, Suevia ou Almanaque Gallego, xunto co habaneiras Eco de Galicia e Terra Galega entre outras. Unha exposición que permite reconstruír a imaxe completa da cultura visual galega.

A exposición estará aberta os días 3 e 4 de agosto en horarios de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Días nos que, tamén, estará aberto o cemiterio indiano de Xerdiz en horario ininterrompido para todos aqueles que queiran visitalo.

0.11877298355103