O Concello de Ourol abre a inscrición para a ludoteca de verán, dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos

AMariñaXa
A actividade desenvolverase do 1 de xullo ao 29 de agosto e inclúe servizo de conciliación para as familias
ludoteca-ourol-2022-1
13 Jun 2025

O Concello de Ourol vén de anunciar a posta en marcha da edición 2025 da súa ludoteca de verán, unha iniciativa destinada a promover o lecer educativo e a conciliación familiar durante os meses estivais. A actividade, dirixida a rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos, terá lugar do 1 de xullo ao 29 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

As familias interesadas poderán realizar a inscrición entre o 10 e o 16 de xuño, ben a través do Departamento de Servizos Sociais ou mediante a sede electrónica do Concello de Ourol. Desde o goberno municipal salientan a importancia de facilitar recursos que contribúan á conciliación da vida laboral e familiar, polo que, ademais das actividades da ludoteca, haberá dispoñible un servizo de conciliación complementario en dúas quendas: de 8:30 a 10:30 e de 13:30 a 14:00 horas.

Para máis información e solicitude do servizo de conciliación, as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura ou contactar no teléfono 982 55 90 19. O programa conta co apoio do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Desde o Concello animan ás familias a participar nesta proposta, que combina xogo, aprendizaxe e valores, nun entorno seguro e adaptado ás necesidades da infancia.

ludoteca ourol veran 2023
⚙ Configurar cookies
0.15663504600525